Premiados Internacionalmente

Ginebra & Vermouth Eco

Artesáns da Tradición

Sabemos que a alma dos destilados está na súa ligazón co territorio. Por iso, coas nosas mans poñemos algo da nosa terra, do noso Fogar e da nosa comunidade en cada botella que creamos.

LONDON DRY GIN


A folla de limoeiro crea un arriscado equilibrio botánico con plantas aromáticas das nosas hortas que condensa os olores e sabores da nosa terra.

  • Alcohol de gran ecolóxico
  • Selección de 11 botánicos das nosas hortas
  • Uso especial da infusión de folla de limoeiro
  • Destilada en lotes pequenos en alambique Barison 300l
  • Método London Dry tradicional
  • Certificación CRAEGA, UE Organic e IFS

Infusión progresiva de folla de limoeiro

O proceso de infusión gradual de folla de limoeiro permite a extración de aromas e aceites esenciais que lle confiren un carácter singularmente herbal cunha extensa profundidade de matices.

VERMOUTH LOURO


Un festival botánico con aromas e sabores das nosas hortas sutilmente equilibrado nun coupage de viños brancos e tintos. Creado coa nosa receta de tradición familiar.

  • Viños e alcohol de gran ecolóxico
  • Selección de 28 botánicos das nosas hortas
  • Louro: coloración mediate infusión botánica
  • 30 días de maceración botánica
  • Certificación CRAEGA, UE Organic e IFS

Un mes para macerar a flor de hibisco

Extraemos todas as propiedades e cores do hibisco mediante unha maceración de un mes de flores ecolóxicas, conseguimos así a tonalidade licorosa, de matices cálidos e o sabor agridulce característico do hibisco.

Tes 18 anos?

Precisamos que nos confirmes que tes a idade legal para acceder a nosa web